O C.S.A. Cambalhota de Allariz e
CNT-Allariz, con motivo da celebración do 12 de Outubro presentan, o día 17 do mesmo mes, a partir
das 19:00, o libro “Indios, negros y
otros indeseables. Capitalismo, racismo y exclusión en América Latina y El Caribe” de Paco Gómez Nadal.
Paco, xornalista, activista de dereitos
humanos, libreiro, xestor de soños colectivos a ratos, observador perplexo
dunha realidade infestada de renuncias e profundo coñecedor da realidade latino
americana presentaranos o seu último libro. A camiño entre o ensaio e o xornalismo o autor descríbenos ao longo da súa obra o que
realmente foi o mal chamado descubrimento do Novo Mundo. Un continente con
poboacións e culturas propias que foi conquistado, colonizado, explotado e esclavizado
polas potencias europeas. Unhas veces amparados pola escusa da
evanxelización e outras do progreso, pero sempre cun carácter eminentemente
racista e expoliador que, aínda que non
puido lograr o exterminio total das súas poboacións nativas, sí as desposuíu
das súas terras, os seus recursos, a súa cultura e a súa identidade. A
realidade, que o autor nos mostra, da situación actual non é moi alentadora. O
espolio continua, os herdeiros daqueles primeiros conquistadores fixeron propio aquel vello sistema de poder e explotación adaptándoo a
formas importadas de Estado de corte occidental. O capitalismo salvaxe campa ás
súas anchas cebándose nos pobos orixinarios
que aínda subsisten e loitan
incansablemente por recuperar a súa identidade,
e naquelas poboacións de orixe africana e asiático, obrigadas a migrar
como escravas ou man de obra barata, que tamén
loitan en busca da súa propia
identidade. Un atisbo de luz ábrese nestas loitas de base que
Paco descóbrenos na súa obra, tras compartir persoalmente con moitas
delas e os seus protagonistas.
Tras a presentación abriremos o momento do
Coloquio.
A partir das 21:30 haberá cea. Poñeremos
prezos populares co fin de recadar cartos para cubrir os gastos orixinados pola actividade.
Esperámosvos o vindeiro sábado 17 de
Outubro a partir das 19:00h na Rúa
Camiño do Castelo 10-Allariz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Hacer un comentario